Achégase a Feira Internacional de Plantas de ESSEN
20 enero, 2014Ensaios en planIDga
21 enero, 2014Dende a directiva de acuBam, gustaríanos recordar que a través da liña de colaboración que se estableceu con Banta, se continua traballando na recollida de material plástico, non útil nos nosos viveiros, e que a través desta vía, se consegue volver darlle un valor económico ao que eran refugallos.
Por outra parte, temos que dar as grazas ao traballo voluntario que existe detrás destas imaxes, porque empresas asociadas como Suministros Hortícolas Bacelo, (suministrosbacelo.com) xa realizaron o segundo transporte de big-bags de material ata a empresa xestora de residuos, de forma totalmente desinteresada.
Grazas a persoas que destinan parte do seu tempo, e os seus recursos, a levar a cabo proxectos como estes, o noso mundo, é cada vez un pouco mellor.