A plantar!
1 febrero, 2016Inscríbete na Mostra Cultivos Baixo Miño
3 febrero, 2016Do 24 ao 27 de xaneiro tivo lugar en Alemaña o evento verde por excelencia a nivel internacional.
Máis de 1.100 m2 foi o espazo destinado á representación española na feira. Valencia, Cataluña, Galicia, Andalucía e as Illas Canarias estiveron presentes.
A representación do Baixo Miño veu da man de Coplant, que no seu afán de estar na primeira liña de mercado, estivo presente na feira máis importante de Europa.
Falamos con José Cosmed, presidente de acuBam e representante de Coplant, para que nos conte como palpou o ambiente na feira.
“A feira transcorreu moi ben, cun ambiente de futuro e con ganas de negocio. Os expositores estiveron moi atrevidos, con presentacións de risco, o que quere dicir que en Europa do norte está a activarse o consumo, provocando nos países do sur esperanza de reactivación”.
Tamén falamos con Óscar de Viveiros da Barxa, que acudiu á feira como visitante.
Foi proveitosa a visita á feira?
Unha das xornadas dedicámola a falar con algúns provedores, pois sempre é bo o trato persoal e non só por mail. Outra xornada dedicámola integramente a visitar a feira para que non nos queda nada por ver.
Moito público?
A asistencia foi moi numerosa, é unha data moi sinalada no calendario profesional do sector ornamental.
Que foi o que máis che sorprendeu?
A presentación de plantas en pequenos formatos coa intención de achegar de maneira divertida o mundo das plantas aos máis pequenos.
Un sae desta feira con moitas ideas novas que levar a cabo nos nosos viveiros.