Flores para mamá
28 abril, 2015Espetadas de cores
8 mayo, 2015A Estación Fitopatolóxica do Areeiro infórmanos da aparición dunha mancha de aceite (coa esporulación iniciándose) nunha parcela de albariño da bisbarra do Condado.
Considerando as condicións climáticas actuais, e o momento da campaña en que nos encontramos, o risco é moi elevado, polo que se recomenda a aplicación dun tratamento, especialmente naqueles viñedos que non recibisen aínda ningunha intervención.
É importante recordar que os funxicidas sistémicos ou penetrantes, que son os recomendados neste momento, non sofren lavado se transcorre unha hora entre a aplicación e posibles precipitacións, polo que se poden aproveitar os períodos de claros para tratar. Ademais, é conveniente a adición dun mollante para facilitar a adherencia do funxicida á vexetación.
No Centro Agrícola Caflor e tamén en Suministros Hortícolas Bacelo asesorarante do produto máis conveniente para cada caso.
Máis información en www.efa-dip.org/es/Servicios/Info_Fitosanitaria/Avisos/ultimo.htm