Acubam participa na Axenda Estratéxica Cerveira-Tomiño
9 diciembre, 2014Segunda reunión sobre Innovación Empresarial
20 enero, 2015O proxecto “As nosas amigas as plantas” comezará pasadas as festas de Nadal.
O Concello de Tomiño vén de gañar o premio Unicef polo traballo a prol da infancia e adolescencia. O recoñecemento de Boas Prácticas, Dereitos da Infancia e Política Municipal 2014 é o colofón para unha serie de políticas dirixidas aos máis cativos.
Acubam, co apoio do Concello de Tomiño, sempre tivo moi presente á infancia na súa programación da Mostra de Cultivos.
O proxecto “As nosas amigas as plantas” celebrouse por primeira vez na pasada edición e supuxo un achegamento real do mundo do viveirismo aos colexios. Unha profesora estivo durante 4 horas lectivas nos centros escolares falando cos cativos das plantas ornamentais e a súa importancia para o medio ambiente.
Este ano o proxecto vai un pouco máis alá. Tocará os tres eixes agrícolas que xeran traballo e riqueza no Baixo Miño: planta ornamental, viña e kiwi. A cuarta hora estará dedicada á alimentación saudable. A actividade dará comezo pasadas as festas de Nadal.