Flores vermellas para San Valentín
13 febrero, 2015José Collazo cóntanos todos os segredos da camelia
23 febrero, 2015A Mostra Cultivos Baixo Miño é o escaparate para as empresas do sector verde.
Nunha feira sectorial como a Mostra Cultivos estarán presentes algúns representantes da túa competencia máis directa; e por outra parte, ben como expositores, ben como visitantes, unha nutrida representación da túa clientela, activa ou potencial.
Por iso é importante prepararse a conciencia. Hai que exhibirse correctamente para vender e poñer todo o noso empeño para destacar a nosa presenza.
Aquí enumeramos unhas pautas a ter en conta:
– O posto: O tamaño do posto ha de ser acorde co que queremos expoñer. Tan malo é transmitir a imaxe dun posto insulso como a de cargado en exceso. O obxectivo é transmitir orde, claridade e profesionalidade.
– Gama de produtos e servizos: Non se trata de incluír todo o noso catálogo xeral, para iso está o catálogo físico. Aquí tamén vale iso de que “Menos é máis”. É mellor destacar aqueles produtos e servizos novidosos, así como os nosos produtos “estrela”. Se temos a oportunidade de presentar unha primicia… mellor que mellor! E se non, poñamos énfase no que sabemos que realmente facemos ben. O noso obxectivo é a diferenciación.
– Atención no posto: Manter sempre unha imaxe coidada e trato profesional, actitude proactiva e non de espera. Moitas veces non sabemos quen é a persoa que se achega a preguntar. Amabilidade, educación e profesionalidade deben estar presentes en todos e cada un dos nosos contactos. Sempre tarxetas de visita a man, saudar, agradecer a visita e o interese, tomar notas e tratar de pechar unha visita posterior. Recorda que o obxectivo é aumentar o número de clientes e rentabilizar ao máximo a nosa participación.
– Interactuar cos nosos veciños: Clientes e competencia estarán presentes. Analicemos os seus puntos fortes e débiles. Axudaranos a posicionarnos e establecer vantaxes competitivas.
– Analizar o noso paso pola feira: Hai que ser críticos e obxectivos con nós mesmos; que fixemos ben e en que podemos mellorar.
– Bases de datos: Cos contactos que captamos durante a feira habemos de actualizar as nosas bases de datos e cumprir os compromisos adquiridos: visitas, envío de documentación, etc…