Unha das feiras fixas ás que acoden habitualmente algúns asociados acuBam, e moitos expositores da Mostra de Cultivos do Baixo Miño para coñecer novidades no sector das plantas, flor e tecnoloxías aplicadas, é IBERFLORA 2013.
A feira deste ano terá un marcado carácter internacional en todos os seus aspectos. Ás diferentes misións internacionais que xa confirmaron a súa presenza no certame hai que engadir o incremento de empresas doutros países que virán ata Valencia a presentar os seus produtos.
O certame entaboou contactos con empresas de Alemaña, Arabia Saudí, Bélxica, China, Dinamarca, Francia, Italia, Países Baixos, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Suíza e Turquía. Moitas delas xa mostraron a súa predisposición a asistir a IBERFLORA2013.
En canto a compradores internacionais confirmaron a súa visita ao certame referente da planta ornamental e bricojardinería misións procedentes de Dinamarca, Suecia, Irán e países do Golfo Pérsico. Tamén se cursou convite a máis de 500 compradores de todo o mundo para que veñan a coñecer en primeira persoa as oportunidades de negocio que ofrece IBERFLORA.
Iberflora 2013 terá lugar en Valencia os próximos 2, 3 e 4 de outubro.