Finalizamos a 2ª edición de “As nosas amigas as plantas” cun balance moi positivo
13 mayo, 2015Acubam analiza en asemblea a Mostra de Cultivos 2015
16 mayo, 2015Ábrese o prazo de presentación de propostas para a edición 2016 do Festival Internacional de Xardíns de Allariz cunha importante novidade para Acubam.
As persoas participantes contan cun listado das variedades máis representativas da planta ornamental que se produce en Galicia, facilitado por Acubam.
É unha maneira de incentivar o uso de planta autóctona, adaptada á climatoloxía do lugar, nun evento de gran prestixio no paisaxismo internacional.
“Os xardíns do Futuro” é o tema central da edición de 2016. Segundo explicou o director do xurado “o tema, de amplo espectro, aborda cuestións como a importancia das zonas verdes no medio urbano, o crecemento das megacidades con problemas ambientais e de sustentabilidade onde a xente é menos feliz…” Os xardíns teñen un papel importante no futuro cun aporte sociolóxico maior.
A edición 2015 do Festival Internacional de Xardíns de Allariz abrirá ao público o vindeiro 17 de maio. Allariz mostrará de novo 10 xardíns efémeros, elixidos entre 43 propostas chegadas de todo o mundo. Este ano, ademais de ver, ulir e sentir estas obras de arte verde, os máis de 40.000 visitantes que pasan polo recinto nos seis meses que permanece aberto poderán tamén escoitalos, pois a “Música no Xardín” é o tema central. Músicas que nacen coa visita aos xardíns, movendo bambú ou pisando grava volcánica e triturado de cunchas de mar. Un director para orquestrar as mil cores das flores e ata un xilófono feito de cañas para facer música “natural”. Todos estes son elementos singulares que os paisaxistas participantes destacarán nas súas instalacións grazas á música que lles inspirou.
Compoñen esta edición 2015 do Festival de Xardíns de Allariz os seguintes participantes:
Soundwave. Austria
A la Imagine de Allariz. Paraguay
Recolectoando Notas. Zamora
Big Bamboom. Francia
Armonie Interiori. Italia
Musicalidad de Bambú. Barcelona
Sinestesia. Madrid
Cantos de Sirenas. A Coruña
#SoundTree. Portugal
Sinfonía Vegetal. Barcelona
Xardin dos nen@s. Escolares de Allariz
In- House. (Gañador 2014). Korea
As 10 propostas quedarán sometidas á votación do público entre maio e outubro, meses nos que se desenvolve o festival. Xunto a estas, mantense o xardín gañador da edición anterior, “In – Hourse” do coreano Takyung Kim, e o xardín que cada ano realizan os escolares alaricanos, e que é moi ben valorado aínda que non entra en concurso.
Máis información en http://www.allariz.com/festival/