Inscríbete na Mostra Cultivos Baixo Miño
3 febrero, 2016Alumnado de San Xerome Emiliani realiza en Brotes as súas prácticas
10 febrero, 2016A Cámara de Comercio de Tui reúne ao seu comité en Coplant
O pasado 28 de xaneiro, a Cámara de Comercio de Tui tivo a reunión do seu comité, presidido por Don Gumersindo Alonso Gestoso, na empresa Coplant Galicia.
Foi recibido polo presidente de Coplant, Don José Cosmed e o seu xerente, Don Emilio Estévez, que fixo unha exposición do nacemento, organización e funcionamento da empresa así como unha breve visita ás súas instalacións.
O obxectivo da reunión foi o establecemento dun contacto máis directo coas empresas do Baixo Miño. A continuación tiveron unha comida de confraternidade coa presenza da Alcaldesa de Tomiño, Dna. Sandra González.