Coplant expoñerá en Iberflora 2015
23 septiembre, 2015Satisfeitos co noso paso por Iberflora 2015
9 octubre, 2015Brotes acude por segundo ano consecutivo a Iberflora
Repetides en Iberflora? Somos novatos pero repetimos porque o ano pasado os resultados xustificaron a nosa presenza. Este ano esperamos que os resultados sexan iguales ou mellores.
Que produto levaredes á feira? Levaremos planta xoven ornamental arbustiva, que é o que producimos, en alvéolo e maceta. Estaremos na zona de Galicia, cun stand de 16m2.
Que ten Iberflora que non teñan outras feiras? A nivel estatal Iberflora segue sendo a referencia. Nas feiras é importante estar. Aínda que a realidade é que van a menos, tamén pola situación económica, o contacto directo entre profesionais non o substitúen as novas tecnoloxías. A nosa labor comercial é toda a través de internet, por iso poder falar directamente cos clientes, poñerlle cara, agradécese. O ambiente do ano pasado era optimista, había alegría tanto nos expositores como nos visitantes. A campaña deste ano foi mellor, o que pasa é que son melloras moi pequenas. Este ano foi de campaña electoral, e iso nótase. Os políticos en campaña fan máis obras, e as obras a veces inclúen plantas.
Como ves o panorama? Con optimismo. Non se pretende volver ao crecemento descontrolado dos anos da burbulla, porque iso ao final é contraproducente. Hai que crecer sobre unha base real, pouco a pouco. Este non é un sector para facerse rico porque o noso produto ten unha caducidade, se non o vendes no seu punto, devalúase. Non temos contratos nin compromisos dos nosos clientes, imos traballando un pouco sobre a marcha.
Como ves a imaxe do Baixo Miño e Galicia en Iberflora? A imaxe de Galicia en Iberflora é claramente planta ornamental arbustiva de calidade. Penso que temos que seguir nesa liña. A imaxe do Baixo Miño é dunha zona xeográfica reducida con moita superficie cultivada. Somos moitos produtores nunha zona moi pequena. Ademais contamos coa presenza de Coplant, que realiza unha labor comercial por todo o mundo levando a imaxe do Baixo Miño.