A xerminación do chícharo!
23 febrero, 2016Compostaxe!
4 marzo, 2016Os días 26 e 27 de febreiro tivo lugar en Santarem (Portugal) a 29º edición de Lusoflora
A presenza do Baixo Miño estivo representada pola principal empresa embaixadora da planta na zona, Coplant, e por primeira vez nesta mostra, polo Viveiro Corema, buscando afianzarse no mercado portugués.
Falamos con Ignacio de Viveiro Corema para que nos conte as súas impresións.
“Trátase dunha feira exclusivamente para público profesional, e notouse ben unha maior asistencia na xornada do venres. A asistencia de público non foi masiva pero si continua e moi interesada, o que permitía as boas relacións de traballo. Un espazo onde se mostran empresas de viveirismo, importadores de planta, flor cortada, servizos e auxiliares. Sen dúbida unha feira moi interesante para os produtores galegos”.
Durante os dous días e o longo de toda a xornada, no centro do pavillón houbo conferencia-coloquio de grande interese para o público da feira, onde se falou dos cambios na lexislación, do transporte, de sanidade vexetal… O mesmo tempo os asistentes puideron desfrutar dun showcooking a cargo de Rui Reigota onde se degustaron receitas moi orixinais e deliciosas con pétalos de flores e herbas aromáticas, así como tés e caldos que axudaban a quentar o corpo nestes días fríos.