Íñigo Segurola na Mostra Cultivos Baixo Miño 2017
23 febrero, 2017Belchim, a tecnoloxía do futuro
27 febrero, 2017A representación de acuBam vén da man de Coplant, Viveiros Corema e Viveiros Juan Peixoto
Organizada pola Associação Portuguesa de Produtores de Plantas e Flores Naturais desde 1987, Lusoflora conmemora o seu 30º aniversario reafirmándose como a maior feira de Portugal no sector da Horticultura Ornamental.
Con Juan Peixoto, que acode por primeira vez, falamos para coñecer as súas expectativas.
É o voso debut en Lusoflora
Si, o ano pasado fomos de visita e este ano animámonos con stand propio. É a nosa maneira de traballar, primeiro experimentar in situ a feira para poder decidir se se adapta ao noso viveiro.
Con que obxectivo acudides?
A idea é abrir novos mercados. Para nós o mercado portugués é importante e por proximidade e similitude de clima gustaríanos amplialo. Imos presentar o noso catálogo de plantas para captar novos clientes, fundamentalmente portugueses.
Esperamos a visita dalgúns clientes de Badajoz, que lles queda preto Lusoflora. O noso obxectivo é captar clientes novos e manter o noso produto no mercado, vivo.
Este ano apostamos por Lusoflora en lugar de Alicante, á que non acudimos. A todas non podemos ir, ademais en dez días está a Mostra Cultivos Baixo Miño. E estamos nunha tempada de moito traballo.
É Lusoflora a feira profesional por excelencia de Portugal?
Lusoflora é unha feira mediana, pero é a mellor de Portugal. Ten moi boas instalacións e ao ser unicamente para público profesional pensamos poder traballala ben.
Que espazo ocuparedes na feira?
Ocuparemos un espazo duns 30 m2.
Que produtos ides expoñer?
Levarei un pouco de todo o dispoñible e presentable. Hortensia, camelia, azalea, magnolia,…