Mirando a Europa
23 enero, 2015Boletín 1, Mostra Cultivos Baixo Miño
30 enero, 2015Tomiño volve ser o punto de encontro do sector verde en Galicia.
Como cada ano, nesta ocasión cun mes de adianto, terá lugar no Pavillón Municipal de Goián o evento que reúne a todos os sectores do mundo do viveirismo: planta ornamental, flor cortada, transporte, horta, fruticultura e empresas auxiliares.
Na edición de 2014 celebrouse por primeira vez unha xornada dirixida exclusivamente ao profesional, con grande éxito de participación. Este ano a xornada do sábado volve centrarse no público profesional, que poderá realizar visitas aos centros de produción da bisbarra. Individualmente ou en grupos concertados, os visitantes profesionais poderán coñecer de primeira man as principais empresas do sector.
A inscrición para expoñer na feira pode realizarse on line dende www.acubam.es ou contactando con acubam nos teléfonos 609805428 -628174489 ou no correo electrónico acubam@acubam.es
O prazo de inscrición estará aberta ata o 28 de febreiro.