A XV Mostra de Cultivos pon en valor a agricultura empresarial, eixo vertebrador da economía no rural
3 marzo, 2018A Mostra de Cultivos pechou as súas portas co dobre de visitas de profesionais do sector
5 marzo, 2018Primeira sinatura dun convenio de colaboración de calado social dentro da Mostra de Cultivos do Baixo Miño. Coa intención de fomentar a responsabilidade social da entidade e dar un paso máis alá do mundo profesional e achegarse a toda a cidadanía, a Asociación de Cultivos do Baixo Miño (acuBam) acaba de firmar un convenio co centro de educación especial San Xerome de A Guarda a través do que o alumnado deste centro venderá durante toda a xornada do domingo 4 de marzo os productos doados polo resto de expositores da décimo quinta edición da Mostra para recadar fondos para o proxecto de reforma dunha bañeira terapéutica.
Deste xeito, acuBam trata de dar cabida dentro da asociación non soamente a todas as entidades profesionais e empresariais do sector, senón tamén a todas aquelas entidades sociais, asociacionais…. da comarca, favorecendo a unión e o traballo conxunto a prol do futuro do Baixo Miño.
A sinatura deste convenio trátase dun “momento importante que afianza esa labor social de acuBam, pero tamén da solución a unha demanda histórica da poboación xeral, que pedía poder comprar os produtos nunha mostra na que polo seu carácter profesional non se podía vender mercancía”, explicou a presidenta de acuBam, Patricia Rodríguez durante a firma do convenio, no que estivo acompañada pola presidenta do centro San Xerome, Asunción Dacuña.
Xornada para todos os públicos
A xornada do domingo 4 de marzo está pensada para o público familliar, xa que durante todo o día haberá actividades lúdicas para desfrutar en familia, como talleres ecolóxicos, probas físicas, obradoiros de reciclaxe e xogos tradicionais, cos que se tentará espertar entre os e as participantes a curiosidade polo agro. A Mostra rematará ademais cun concerto do grupo Rock Percusión (18.00 h), integrado por alumando do centro de educación especial San Xerome.