Establecendo relacións empresariais
4 febrero, 2016Recoñecendo vexetais!
18 febrero, 2016O viveiro Brotes é o lugar escollido para este proxecto piloto de formación
Un grupo de alumnos e alumnas de entre 16 e 21 anos do centro educativo San Xerome Emiliani participan nun proxecto piloto de formación en Actividades Auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería no Viveiro Brotes de Estás, Tomiño.
O centro San Xerome Emiliani é unha asociación de pais e nais que abriu as súas portas no 1981 ofrecendo diferentes servizos como centro educativo, servizo de adultos e centro especial de emprego.
Ao centro educativo acoden alumnos/as de entre 3 e 21 anos con necesidades educativas especiais, necesidades específicas de apoio educativo ou discapacidade intelectual e calquera outra patoloxía que poida ir asociada. A través dunha metodoloxía baseada na experiencia (aprender facendo) preténdese o desenvolvemento integral da persoa.
Dende o centro detectaron que o alumnado de 16 a 21 anos dun nivel cognitivo máis alto topábase cun baleiro na formación regrada. Séndolle moi difícil acadar unha titulación da FP básica. Polo que a finalidade do centro é ofrecer un proxecto piloto de formación en Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería, baseado nos contidos e unidades de competencias que marca o Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.
Falamos con Marisa Pereira, educadora do centro.
Que vos animou a emprender este proxecto piloto de formación en viveiros?
“É necesario formar ao alumando neste perfil profesional para que poidan optar as posibilidades reais de ocupación no seu entorno. Aumentando os seus coñecementos na materia potenciamos a súa empregabilidade no sector. Dotándoos das habilidades e destrezas necesarias para poder acceder en igualdade ao competitivo mercado laboral actual e conseguir un posto de traballo, mellorando de xeito significativo a súa calidade de vida”.
Saúl, xerente de Brotes, nos comenta todas as tarefas que realizan no viveiro as persoas do centro.
- Preparación e manexos de sementeiros e camas.
- Rego. Tipos .Compoñentes. Materiais e manexo.
- Equipos e ferramentas usadas na multiplicación de material vexetal. Mantemento.
- Repicado.
- Aclareo.
- Preparación das plantas para a súa venta.
- Preparación das plantas para o transporte.
- Etiquetado. Tipos.
- Realizar mestura de substratos e adición de estercos.
- Encher contedores cas mesturas dos substratos.
- Introducir o material vexetal de reprodución nos contedores preparados.
- Colocar o material vexetal nas camas de reprodución.
Dende xaneiro a maio pasarán polo viveiro Celia, Dani, Miguel, Lucía, Andrea, Fabián e Jenni para realizar as súas prácticas. Repartidos en 3 grupos traballarán catro horas á semana durante dous meses para coñecer de primeira man as tarefas dun viveiro.
Máis información http://sanxerome.com/web/practicas-formativas-do-ciclo-de-actividades-auxiliares-en-viveiros-xardins-e-centros-de-xardineria/