Reunión coa Conselleira do Medio Rural
20 enero, 2016A plantar!
1 febrero, 2016Unha nova parcela de 6000 m2 para a experimentación
Viveiros da Barxa ven de realizar unha ampliación e modernización do viveiro para a experimentación de novas variedades resistentes ao frío e a súa posterior comercialización en centro Europa.
A actuación consiste na ampliación dunha nova parcela de 12000 m2 dos que nesta primeira fase acondicionáronse 6000 m2, quedando os restantes para unha segunda fase. O proxecto incluíu tamén a modernización dos sistemas eléctrico e de rego do viveiro.
O uso previsto para as novas instalacións é a experimentación e o estudo da viabilidade de novas variedades de palmáceas e gramíneas ornamentais resistentes ao frío.