Certame internacional da camelia en Pontevedra (marzo 2014): vídeo promocional
27 diciembre, 2013Recollida de material plástico para reciclaxe
21 enero, 2014A Feira Internacional de Plantas (IPM ESSEN) é a feira líder mundial da horticultura.
En canto única feira profesional do seu tipo, reproduce a totalidade da cadea de creación de valores, dende a produción de plantas ata o punto de venda, pasando pola tecnoloxía, a floraría e o equipamento. En ningunha outra feira de plantas encontran os profesionais unha visión xeral do mercado tan exhaustiva e completa nin novidades tan diversas.
Na próxima IPM ESSEN, que terá lugar entre o 28 e o 31 de xaneiro de 2014 en Essen, espérase de novo a asistencia de máis de 1.500 expositores procedentes de 50 países, así como a asistencia de profesionais de máis de 100 nacións. A feira internacional de plantas está representada con outras celebracións en Moscú, Dubai, Beijing eBangalore.
Alí estarán como visitantes algúns asociados acuBam onde poderán coñecer de primeira man as novidades, tendencias e ultima xeración en equipamento.