Mostra Cultivos Baixo Miño 2016, Boletín 1
21 marzo, 2016Mostra Cultivos Baixo Miño 2016, Boletín 2
29 marzo, 2016Andrea Pousa, cantante e actriz nada en Tomiño, actuará o domingo xunto ao seu compañeiro musical Bruxo Queiman.
A compañía galega QUEIMAN E POUSA créase en 2014 a través da fusión do actor Bruxo Queiman e a cantante Andrea Pousa co fin de que o público atope nos seus espectáculos unha identificación coas súas raíces e tradicións. Música en directo, canto, teatro… son ingredientes que non faltan nos seus espectáculos. A forza carismática do actor Bruxo Queiman e a sensibilidade creativa da cantante Andrea Pousa fan que os seus espectáculos teñan un selo persoal e diferenciado.
O domingo poderemos gozar dunha produción propia coa temática da cultura celta, a natureza, a tradición e a terra.
A pesar de levar tan pouco tempo como compañía, a estes dous artistas xa se lles recoñece como os “Embaixadores e difusores da Cultura Atlántica”, debido ao seu labor socio-cultural na súa traxectoria persoal e profesional.