Recoñecendo vexetais!
18 febrero, 2016A xerminación do ervello!
23 febrero, 2016Este mércores 24 de febreiro ás 20h. en Quinta do Ramo.
Certis España e Suministros Hortícolas Bacelo preséntannos unha nova solución para horticultura e planta ornamental, TUSAL®.
TUSAL® é un funxicida biolóxico, formulado a base de dúas cepas seleccionadas de fungos antagonistas que actúa mediante micoparasitismo directo contra diversas especies de fungos fitopatóxenos de chan. A mestura de especies garante a eficacia do produto, xa que se unha especie non é activa nunhas condicións determinadas, a outra si. Aplícanse directamente na prevención e control de fungos fitopatógenos como consecuencia do seu modo de alimentación e colonización do chan. Doutra banda, achegan importantes beneficios nutricionais que implican estimulacións no desenvolvemento.
Grazas á colaboración Certis España e Suministros Hortícolas Bacelo teremos a ocasión de acudir á presentación deste novo produto así como doutras solucións Certis para cultivos da zona.
Se estás interesado en acudir á presentación debes de confirmar asistencia no número de teléfono 986 63 34 09.
DESCARGAR folleto TUSAL