Mostra de Cultivos 2015, comezamos!
19 noviembre, 2014O 1 de xaneiro entrará en vigor a rebaixa do IVE en flores e plantas
21 noviembre, 2014A formación e profesionalización do sector é un obxectivo permanente en acuBam. Nesta liña comeza unha campaña de charlas. A primeira realizouse o pasado 7 de novembro a cargo de Emilio Estévez Martínez, Enxeñeiro Superior Industrial. Co tema “A eficiencia das empresas, procesos e recursos humanos”, contou cunha boa asistencia que de boa gana acolleu unha charla amena e fluída.
A próxima reunión xa ten data. Será o xoves 27 de novembro. Tratará sobre a fertilización e o abonado e estará dirixida por Manuel Moreno María Villar, Enxeñeiro Agrónomo especialista en nutrición vexetal. Terá lugar na Casa da Cultura de Tomiño ás 19.30 h. A entrada é gratuíta para todas as persoas interesadas.