Solos, podas e variedades de especies froiteiras atlánticas
11 septiembre, 2017Presentamos a Mostra Cultivos Baixo Miño 2018 en Iberflora
22 septiembre, 2017Un grupo de trinta persoas fórmanse en Tomiño na acción de emprendemento da Escola EU Rural
O luns 11 de setembro tivo lugar na casa do Concello de Tomiño a primeira das catro sesións da actividade “Ferramentas para emprender” que organiza a Escola EU Rural dentro do Programa formativo “Cos pés na terra” centrado na potenciación do tecido produtivo relacionado co sector agrario. As próximas sesións realizaranse os días 14, 18 e 21 de setembro en horario de tarde.
Un cadro de formadores especializados na xeración de ideas empresariais e na posta en marcha de iniciativas imparte as clases ás 30 persoas matriculadas. Compleméntase esta actividade coa presentación de experiencias reais de emprendemento, tanto referidas ao ámbito da produción agraria, como noutros sectores da economía.
O prazo para inscribirse nas actividades do programa “Cos pés na terra” segue aberto para algúns dos cursos aínda pendentes de realizar. As persoas interesadas poden facer as súas preinscricións a través da páxina web www.eurural.org. Ditas actividades contan con financiación de fondos FEADER no marco do PDR de Galicia 2014 – 2020, e coa colaboración do Concello de Tomiño e da entidade ACUBAM.