Premios acuBam Innovación 2017 a Excavaciones y Desbroces Rocha
30 mayo, 2017Coplant volve satisfeita de Nantes 2017
28 junio, 2017Do 13 ao 16 de xuño de 2017 celebrouse FlowerTrials®. Non é unha feira ao uso, senón unha gran exposición de portas abertas onde 59 empresas do sector localizadas en 32 viveiros mostran as súas últimas innovacións de plantas en maceta nas rexións de Westland e Aalsmeer nos Países Baixos e Rheinland Westfalen en Alemaña.
Falamos con Óscar Vaquero de Colorful grasses, que xunto con Manuel Bacelo, de Suministros Hortícolas Bacelo, viaxaron á rexión para coñecer de primeira man esta gran exposición.
Óscar Vaqueiro visitaba por primeira vez a FlowerTrials, estas foron as súas impresións.
A idea é fantástica porque, se te organizas ben, coñeces nunha mesma rexión a moitas empresas. Ademais é moito máis proveitoso que visitar un stand nunha feira, alí vas ao corazón de cada viveiro.
Como cualificarías o teu paso por FlowerTrials?
De moito proveito para a miña empresa, presentábanse moitas novidades e sobre todo puiden coñecer e establecer contacto con novos provedores, que é o que estamos a buscar desde Colorful grasses.
Teño que destacar ademais que recibimos un trato exquisito en cada viveiro; unha recepción profesional e moi próxima, con moito máis tempo para falar e contrastar información que nunha feira ao uso.
Unha anécdota destes tres días?
Causoume impresión a visita a Sion, empresa especializada en Phalaenopsis. Nunca vira unha extensión tan grande desta planta.
Por que é importante para Colorful grasses asistir a feiras?
En primeiro lugar gústanos estar informados, pero ademais nestas feiras tes acceso a provedores cos que é moi difícil contactar dende a distancia. Falamos de empresas punteiras, onde enviar un mail non é suficiente, eles ven que te preocupas, que buscas algo máis e prodúcese un feedback.