- Premios acuBam Innovación 2017
- Benvida da alcaldesa de Tomiño
- Expositores 2017
- Programación 2017
- Folleto 2017
- Ubicación
- Fotografías Mostra 2017
O obxectivo destes premios é promover e recoñecer as accións novas en tecnoloxías, produtos e servizos que estimulen a competitividade empresarial no sector verde.
BASES:
Presentación
A 14ª Mostra Cultivos Baixo Miño 2017, que se celebrará o 4 e 5 de marzo del 2017, no pavillón de Goián (Tomiño) continúa no seu afán de conseguir chegar máis aló de ser un foro de intercambio comercial entre as empresas especializadas en planta ornamental, flor, tecnoloxía, paisaxe, xardín e sectores afíns. Por iso, o certame segue apoiando ás empresas e entidades punteiras do sector a través de ACUBAM INNOVACIÓN 2017.
Con esta iniciativa quérese destacar e mostrar aquelas propostas que aposten pola innovación e pola investigación nos diferentes sectores profesionais que compoñen a Mostra, para iso, as empresas, produtos e servizos seleccionados polo Comité de Valoración aparecerán expostos de maneira relevante na MOSTRA INNOVACIÓN 2017, un espazo destinado para ese efecto, dentro do recinto feiral, que se poderá visitar durante a celebración do certame e permitirá dar a coñecer ao visitante profesional e de maneira agrupada todas as innovacións que as empresas participantes presentan na Mostra. As empresas, produtos e servizos presentados optarán, á súa vez, aos PREMIOS ACUBAM INNOVACIÓN 2017.
Destinatarios
ACUBAM INNOVACIÓN 2017 diríxese a todas as empresas e entidades expositoras que teñan interese en dar a coñecer calquera tecnoloxía ou proxecto, produto ou servizo de carácter innovador nos sectores do ámbito do certame. Trátase dun servizo sen custo adicional para o expositor.
Formatos e procedementos
- Os interesados en participar deberán cumprimentar e entregar as solicitudes dentro do prazo de presentación estipulado. Non está limitado o número de innovacións a presentar polas empresas.
- A empresa ou entidade que presente proxectos innovadores seleccionados polo Comité Técnico de Valoración de ACUBAM INNOVACIÓN 2017, non estará obrigada a revelar detalles que consideren da súa propiedade intelectual, sendo o único responsable da información e descricións que se mostren do mesmo.
- Unha vez pechado o prazo de presentación das solicitudes, un Comité Técnico de Valoración, nomeado para ese efecto e integrado por destacados profesionais do ámbito de ACUBAM, seleccionará os proxectos ou produtos que constituirán a exposición conforme os criterios de aceptación.
- Os produtos ou carteis explicativos aceptados serán expostos durante a celebración do certame nun lugar destinado para o efecto.
- Os produtos e tecnoloxías seleccionadas optarán aos premios ACUBAM INNOVACIÓN 2017. Comunicaremos os premios durante a semana anterior á celebración do certame para que o expositor premiado poida preparar a presentación do produto ou servizo no seu lugar da entrega dos diplomas.
Os premios estarán dotados de diploma acreditativo e serán entregados durante a celebración do certame. Constitúense os seguintes premios:
– PREMIO ACUBAM INNOVACIÓN 2017. Categoría Planta e Flor
– PREMIO ACUBAM INNOVACIÓN 2017. Categoría Tecnoloxía
– PREMIO ACUBAM INNOVACIÓN 2017. Categoría kiwi
– PREMIO ACUBAM INNOVACIÓN 2017. Categoría horta.
– PREMIO ACUBAM INNOVACIÓN 2017. Categoría Bricoxardín
Criterios de Avaliación
Valoraranse os proxectos innovadores en situación precompetitiva, ou comercializados por primeira vez nos dous últimos anos. Atenderase á relevancia e grao de innovación científica, tecnolóxica e de comercialización con respecto a servizos ou produtos homólogos existentes no mercado. Valorarase a dificultade de obtención da innovación presentada e o esforzo técnico achegado á súa consecución pola empresa concursante. Considerarase a repercusión ou grao de contribución do proxecto sobre o ámbito de actuación do certame.
Outros: Terase en conta o estado de desenvolvemento do proxecto (estudo, piloto, comercialización, etc.), viabilidade e aplicación do proxecto na empresa, repercusión na competitividade empresarial, etc.
Forma e Prazo de presentación de solicitudes
NOTA: Os produtos e tecnoloxías seleccionados deberán ser depositados para a súa exposición o día 3 de marzo 2017, de 10 a 14 h., no espazo de Pavillón de Goián, onde se celebra o certame.
Pincha no seguinte enlace para DESCARGAR as bases: Premios Acubam Innovación 2017 bases
Moita sorte e grazas pola túa participación.
“Moita xente pequena en lugares pequenos, facendo cousas pequenas poden cambiar o mundo” Eduardo Galeano
A Primavera en Tomiño sempre é anunciada pola Mostra de Cultivos. Este encontro do viveirismo non só pon en valor o sector punteiro da comarca, senón que nos lembra que Tomiño é o maior produtor de planta ornamental de Galicia.
O viveirismo tomiñés non é un suceso recente, é un fenómeno cun longo percorrido. Os seus inicios atopámolos cando nos albores do século XX Juan Peixoto estableceu o seu viveiro no barrio de San Lourenzo. Hoxe aquel modesto viveiro no que traballaba toda a familia, son dúas importantes empresas que producen e comercializan as súas plantas e árbores.
A Mostra de Cultivos é unha feira que nos lembra a transcendencia do viveirismo na comarca, o seu empuxe económico e a súa capacidade de sobrevivir en fortes recesións. A Mostra tamén nos lembra a riqueza deste espazo fronteirizo alumiñado polo Miño do que sae o 60% da planta exportada polo estado español.
Non é estraño, pois, atoparnos con plantas producidas por viveiros tomiñeses en Copenhague ou en Múnich. A produción agraria tomiñesa está distribuída por toda a xeografía europea e o seu peso cada vez adquire maior relevancia. Así nas principais feiras internacionais Tomiño sempre está representado por ACUBAM e polas súas empresas, que son motivo de orgullo para nós.
A xuntanza deste sector en ACUBAM é motivo de éxitos e, pese a súa corta andaina, ten sabido facerse un oco no tecido asociativo. A unión do viveirismo tenos volto a demostrar que as grandes fazañas son grazas ao traballo de moitas mans.
Ventura, un ano máis, á Mostra de Cultivos!
DESCARGAR PROGRAMACIÓN
SABADO 4 MARZO
9:30 h. Apertura
10:00h - 11:45 h. Debate aberto
“Realidade do sector hoxe”
Antón Vázquez Caamaño
(Inspector de Sanidade Vexetal da Xunta de Galicia)
José Collazo
(Xerente de Viveiros Río Tollo)
Venancio Outeda
(Xerente do centro de xardinería O Piñeiro)
Emilio Estévez
(Xerente de Coplant)
12:00 - 12:15 h. Plan Estratéxico
Presentación do “Plan Estratéxico e operativo para a mellora da competitividade e valorización dos sectores planta ornamental e flor”
12:30 h. Acto de inauguración oficial da Mostra 2017
Durante toda a tarde:
Exhibición poda en altura
Cerne arboricultura
16:30 - 18.00 h. Conferencia para profesionais
“Presente e futuro da xardinería”
Íñigo Segurola
(Dirección, realización e presentación da sección de xardinería no programa BRICOMANÍA e DECOGARDEN en Tele 5 e TVE 2)
16:00 h. II Xornadas técnicas formativas da auga
“Adaptación das TIC´s ás comunidades de usuarios/as”
Rafael Carrera
“Funcionamento, eficacia e innovación da nano filtración”
Gregory Travaille
“Lámina de forrado para instalacións de auga de consumo humano”
Cristóbal López
Auditorio de Goián
18:15 h. acuBam Innovación 2017
Stand de novidades que promoven a competitividade e mellora empresarial do sector
DOMINGO 5 MARZO
10 h. Apertura
11:00 - 13:30 h. Exhibición poda en altura
Cerne arboricultura
11:30 h. Presentación As nosas amigas as plantas IV
Exposición dos traballos realizados polos escolares durante o proxecto educativo “As nosas amigas as plantas IV”
12:00 h. Conferencia
“Plan revitaliza, xestión de materia orgánica mediante a compostaxe”
María Martínez Abraldes
16:30 - 18:30 h. Exhibición poda en altura
Cerne arboricultura
17:00 h. Demostración
“Paixón polo verde”

Durante toda a xornada:
- Exposición de arte coa temática do sector
Artistas da comarca do Baixo Miño. Pintura: Orlanda Gomes, Jose Luis Rodríguez, Naa Martínez, Freda Mills P, Libia Domínguez. Escultura: Luis 7, Xuxo Malone, Adrián Pena I, Ignacio Moure
- Actividades infantís
Bus de Reciclaxe Ecoembes + Inchable + Gran xogo de reciclaxe
- “As plantas cóntanos os seus segredos”
Paseo guiado polo alumnado do ciclo forestal do IES Antón Alonso Ríos. Participación aberta ao público xeral
19:00 h. Acto de clausura oficial da Mostra 2017
Presidenta de acuBam, viveiristas, colaboradores e autoridades políticas
Pavillón Municipal de Goián
A MOSTRA DE CULTIVOS DO BAIXO MIÑO desenvólvese no pavillón municipal de Goián e conta con un espazo de 1.500 metros cadrados. Dirección: Pío Troncoso, s/n - Goián - Tomiño - Pontevedra - España Coordenadas GPS: Latitude 41.948794 (41º 56´55,.7"N) | Lonxitude -8.771629 (8º 46´17,9" W) Como chegar:- Desde Tui, Ctra. Tui-A Guarda | 16,5Km
- Desde A Guarda, Ctra. PO-552 | 10,0Km
- Desde Vilanova de Cerveira, N13 - Avda. de Tomiño | 4,3Km
- Desde o aeroporto de Vigo | 40,2Km
- Desde o aeroporto de Santiago| 140Km
- Desde o aeroporto da Coruña | 193Km
- Desde o aeroporto de Oporto | 99,4Km

A solicitude presentarase conforme ao seguinte formulario
https://www.acubam.org/inscripcion/inscripcion.php ata o 03 de febreiro.
NOTA: Os produtos e tecnoloxías seleccionados deberán ser depositados para a súa exposición o día 3 de marzo 2017, de 10 a 14 h., no espazo de Pavillón de Goián, onde se celebra o certame.
Pincha no seguinte enlace para DESCARGAR as bases: Premios Acubam Innovación 2017 bases
Moita sorte e grazas pola túa participación.
““Moita xente pequena en lugares pequenos, facendo cousas pequenas poden cambiar o mundo” Eduardo Galeano