logo

Estimados compañeiros e amigos, estamos xa a preparar a 13ªMostra. Pero esta Xunta Directiva non pode facelo soa, necesitamos o apoio e a colaboración de todos.

Paréceme que estamos todos de acordo que a unión fai a forza. Aproveitemos as sinerxías de cada unha das nosas empresas e poñamos en valor o que temos.

O Baixo Miño, ten un grupo de empresas fundamentalmente de produción de planta ornamental cun abano de variedades e en distintas presentacións, que isto o teñen que coñecer os mercados, dende os mais próximos ata os mais afastados. Se sabemos ofrecer e dar a coñecer o que aquí se produce, todos sairemos gañando, dende o máis pequeno ao máis grande, porque ao xerar nos mercados unha corrente de produción e oferta, os potenciais clientes é o que buscan para rendibilizar as súas viaxes e transportes. Non estou a inventar nada, outras zonas anos atrás xa o fixeron, como por exemplo a zona do Levante, Maresme, Xirona,Canarias…( por poñer distintos tipos de produción en cada lugar). Ben é verdade que algunhas zonas que acabo de nomear, ao día de hoxe poden estar en declive, pero isto é por circunstancias diversas e distintas en cada unha delas, que agora non toca analizar.

É verdade que o sector atravesa momentos de dificultade e incerteza, por iso é o momento de que a Mostra sirva como correa de transmisión entre as nosas producións e os mercados de consumo. Temos que darnos a coñecer e ofrecer ó comprador a oportunidade de negocio onde mellor o considere, sendo as empresas que facendo ben o seu producto xeneren a necesidade de negocio no comprador, coa posibilidade de diversificar a súa compra tanto como o considere necesario, pois o importante é que veña a comprar ó Baixo Miño.

O comprador cando ve a oferta tan ampla e variada, a boa vontade do produtor, sen esquecer a posibilidade de loxística que aquí temos, para poder poñer en calquera punto da península e mesmo de Europa, facilitándolles deste xeito a concentración de carga e diversidade de produto, creo que todos sairemos gañando.

Cando facemos a xornada do sábado de portas abertas o motivo principal é que o comprador teña a posibilidade de ver nos viveiros a planta que se expón na Mostra e con iso fortaleceremos a fidelidade do cliente.

Por todo o exposto creo que podedes estar de acordo conmigo que se apoiamos a Mostra dende este mesmo momento coa vontade de ofrecer as nosas producións na plataforma da Mostra que estamos a desenvolver, estou seguro que cada ano vindeiro pode ser máis proveitoso.

Por iso, este ano temos que facer o esforzo de trasladar aos nosos posibles visitantes a oportunidade de negocio e que coñezan o potencial que temos no Baixo Miño, e isto temolo que facer cada un de nós porque entre todos podemos.

É moi importante para todos nos, que os comunicados que recibades, os fagades chegar os vosos clientes e amigos e así poderán coñecer o producto, traballo e as novas que iremos xenerando da Mostra Cultivos Baixo MIño 2016.

Sen máis, esperamos poder contar co seu apoio para poder seguir traballando a favor deste sector vivo da nosa terra.

Descargar Programación en PDF

SÁBADO 2 DE ABRIL 2016

9:30 h. Apertura

9:45 - 11 h. Relatorio “Organismos Nocivos de Corentena. Impacto no sector viveirístico do Baixo Miño. Problemática fitosanitaria actual” de Antón Vázquez Caamaño (Inspector da Sanidade Vexetal da Xunta de Galicia).

11 - 12.15 h. Relatorio “Un mundo cheo de oportunidades” de Fernando Sánchez Salinero (Consultor de Pymes).

conferencia_peke

12.15 - 12:23 h. Presentación da Mostra Tematización da orixe celta da planta atlántica polos actores: Andrea Pousa e o Bruxo Queiman.

12.30 h. Acto de inauguración oficial da Mostra 2016

17 h. Charlas en colaboración con COXAPO “A importancia da auga no rural” “Sanidade da agua” “Plan Hidrolóxico e Rexistro de contadores”

18 h. Innovación Acubam 2016 Stand de novidades en flor cortada, auxiliares e planta ornamental que promoven a competitividade empresarial en Galicia e Norte de Portugal.

DOMINGO 3 DE ABRIL 2016

10 h. Apertura.

Exposición de arte e pintura coa temática do sector. Artistas da comarca do Baixo Miño.

Exposición dos traballos realizados polos escolares durante o proxecto educativo “As nosas amigas as plantas III”.

11:30 - 12:30 h. “As nosas amigas as plantas III”

Fotomatón cos participantes no proxecto educativo escolar.

12:30 - 12:45 h. Charla

“Deporte de élite, esforzo e confianza no equipo” de Álvaro Pino (Vencedor da Volta Ciclista a España 1986).

Dirixida ao público infantil.

19:15 - 19:30 h. Acto de clausura oficial da Mostra 2016

Presidente de Acubam, viveiristas, colaboradores e autoridades políticas.

19:30 - 20.30 h. Andrea Pousa en concerto, artista invitado Bruxo Queiman

Actuación musical no Pavillón de Goián.

concierto_andrea_peke

expositores
plano

XIII MOSTRA CULTIVOS BAIXO MIÑO 2016

Mostra de Cultivos 2016

Programación 2016

Expositores 2016
expositores
Plano Expositores 2016
plano
Fotografías Mostra 2016

XIII MOSTRA CULTIVOS BAIXO MIÑO 2016

Ir a outras Mostras de Cultivos