Programa Mostra 2018

A historia do agro no Baixo Miño: de onde vimos, quenes somos e o que representamos e cara a onde diriximos os nosos pasos.

  • Pasado: a través dunha exposición fotográfica farase un percorrido polas principais épocas ligadas ao agro, que poñerán en valor a súa evolución ata o que é hoxe en día o sector e o que supón para o territorio.
  • Presente: representado a través dos propios stands expositores das empresas ligadas á cadea de valor do sector agrario no Baixo Miño.
  • Futuro: III Edición de ACUBAM INNOVACIÓN, certame ao que se invita a participar a toda aquela entidade que queira presentar calquera innovación tecnolóxica (tanto en produtos como en servizos) de aplicación no elo da cadea de valor do agro na comarca.

 

Axenda

Venres 2 Marzo desde as 09:30h ata as 20:00h

11:30-12:30 MESA TÉCNICA:  SANIDADE VEXETAL, A IMPORTANCIA DA DIAGNOSE E A DEFINICIÓN DOS PROTOCOLOS DE ACTUACIÓN NA LOITA CONTRA AS PRAGAS (CASO XYLELLA)

Abordarase de forma xeral a necesidade de traballar pola mellora da sanidade vexetal e, en concreto, abordarase a problemática coa Xylella. Falarase da necesidade dunha boa diagnose que permita definir os protocolos de actuación (preventivos e reparadores) máis apropiados.

PARTICIPANTES:

  • Antón Vázquez (Inspector de Sanidade Vexetal)
  • Adela Abelleira Argibay (Xefa Unidade Virus, Bacterias e Nemátodos, Estación Fitopatolóxica Areeiro)

 

16:00-17:00 MESA TÉCNICA MODELO DE NEGOCIO NO AGRO

Afondarase na necesidade de potenciar a profesionalización do sector, a través da mellora das competencias e capacidades dos xerentes das empresas. Tratarase desde diferentes perspectivas da realidade do sector, así como desde diversas fórmulas de éxito que se poderían desenvolver no ámbito da xestión empresarial.

PARTICIPANTES:

  • Olalla Mera Cuevas, Directora Delegación ADECCO: “A necesidade da profesionalización na xestión do negocio agrario”
  • Higinio Mougán, Xerente AGACA. “O cooperativismo no agro”
  • Empresas do sector

 

17:00-18:00 PRESENTACIÓN PREMIOS XARDINERÍA AGAEXAR-ACUBAM

Acto público no que AGAEXAR e ACUBAM comunican a apertura da convocatoria de PREMIOS XARDINERÍA 2018 e as bases para a súa  participación.

 

Sábado 3 Marzo desde as 09:30h ata as 20:00h

12:00  INAUGURACIÓN DA MOSTRA 2018

16:00-17:30 TALLER DE EMPREGABILIDADE

Taller dinámico e participativo orientado á población local co fin de ofrecer unha visión do sector agrario na comarca do Baixo Miño como unha oportunidade de desenvolvemento de carreiras profesionais.

16:30 – 18:30 XORNADA TÉCNICA “A AGUA NO RURAL” COXAPO, (CENTRO MULTIUSOS DE GOIÁN, AUDITORIO)

Xornada técnica impartida por COXAPO en la que se divulgará a las comunidades de usuarios las necesidades de una óptima gestión del auga, especialmente relevante cando o seu uso está ligado ao desenvolvemento do sector agrario. Temas específicos como os plans hidrolóxicos e as regulacións recollidas nos plans de seca, a garantía sanitaria do recurso ou o problema do radón en Galicia serán abordados, entre outros, nesta xornada.

18:00- 19:30 TALLER DE XARDINERÍA ECOLÓXICA

A Fundación Sales e a Asociación Española de Jardinería Ecológica, AEJE, porán en marcha un taller divulgativo e didáctico de Xardinería Ecolóxica, dirixido a poboación de todas as idades co fin de, a través da experimentación e da práctica, que se coñezan e entendan as vantaxes que ten a xardinería ecolóxica como proceso verde, fronte a outras solucións convencionais.

 

Domingo 4 marzo desde as 11:00h ata as 20:00h

11:00- 19:00 VENDA PRODUTOS SAN XEROME

Nesta 15ª Edición da Mostra, ACUBAM quere achegarse máis á sociedade da súa contorna e, aos colectivos sociais especialmente desfavorecidos. Así, no marco da Responsabilidad Social da Asociación, tómase contacto co Centro de Educación Especial San Xerome (A Guarda), acordando un punto de venda de produtos que ceda cada un dos expositores, durante a xornada do domingo. Dito punto de venda será atendido por alumnos deste Centro e os beneficios irán destinados na súa totalidade ao proxecto de reforma dunha bañeira terapéutica desta entidade.

11:00- 18:00 TALLER LÚDICO “O AGRO NO BAIXO MIÑO”

A granxa escola de Tomiño Corazón de Carballo deseña un programa lúdico dirixido ña poboación en xeral no que, integrando talleres ecolóxicos, probas físicas diferentes, obradoiros de reciclaxe e xogos tradicionais, a través do fío condutor do agro, desperten a curiosidade entre os asistentes por este sector de impacto tal na comarca do Baixo Miño.

18:00-19:00 CONCERTO ROCK PERCUSIÓN SAN XEROME

O grupo de Rock Percusión, integrado por alumnos do Centro San Xerome, ofrecerá un concerto integrado por diferentes pezas musicais deste xénero, interpretadas en directo.

 

ACTIVIDADES TODOS OS DÍAS

  1. EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA HISTORIA DO AGRO NO BAIXO MIÑO:

Exposición fotográfica que estará fixa a longo dos tres días da Mostra que fará un percorrido polo pasado, o presente e o futuro do sector agrario no Baixo Miño.

O obxectivo último é despertar sensibilidades cara ao sector, poñendo en valor esa xeración que dedicou esforzos por sacalo adiante, pero tamén evidenciar a evolución do sector, con explotacións máis modernas e equipamentos máis tecnolóxicos, personal máis formado e especializado… que é capaz de competir no mercado global.

  1. III EDICIÓN ACUBAM INNOVACIÓN

Certame aberto á totalidade de entidades ligadas ao sector agrario no Baixo Miño, que queiran participar compartindo calquera innovación tecnolóxica (tanto en produtos como en servizos) que sexa ou ben poida ser nun futuro a curto prazo, de aplicación ao longo da cadea de valor do agro na comarca.

  1. EXPOSICIÓN ARTE COLECTIVO SOMOSARTE

Exposición de arte do Colectivo Somosarte composto por artistas locais, escultores e pintores, que exporán as súas obras vinculadas á temática do agro na comarca do Baixo Miño. Os artistas que exporán nesta 15ª Edición da Mostra son:

  • Moure
  • Luis 7
  • Xuxo Malone
  • Jose Luis
  • NAA
  • Puntal
  • Libia Domínguez
  • Mercedes Moreira
  • Adrian Pena
X