A Asociación Galega de Empresas de Xardinería (AGAEXAR) é unha asociación empresarial sen ánimo de lucro, constituída no ano 1999, coa finalidade de representar, defender e promocionar os intereses profesionais, sociais, económicos e culturais dos seus afiliados.

A Asociación de Cultivos do Baixo Miño (ACUBAM) é unha asociación empresarial constituída no ano 2013, en cumprimento da Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, especificando o desenvolvemento preferente das súas actividades no ámbito provincial de Pontevedra. Os obxectivos principais que esta entidade pretende e que determina as actuacións a desenvolver son:

  • Pór en valor os intereses do sector agrícola e todo aquel sector relacionado con este.
  • Promover a innovación e eficiencia dos cultivos a través da redución, reutilización e reciclaxe de todos os seus elementos.
  • Investigar, formar e divulgar os intereses do sector e dos seus derivados.
  • Defender os intereses xerais da asociación e do sector e os intereses e necesidades a nivel individual.
  • AGAEXAR e ACUBAM convocan a II Edición dos Premios “Xardín Galego”, coa intención de dignificar e promocionar o sector da xardinería en Galicia.

A presentación de candidaturas implica, a todos os efectos legais, a total aceptación das bases que figuran a continuación.

Toda a información nos seguintes arquivos:

Bases concurso Xardín Galego

Anexo 1 – Ficha cos datos do candidato

Anexo 2 – Declaración autoría da obra