A Mostra de Cultivos pechou as súas portas co dobre de visitas de profesionais do sector
5 marzo, 2018Premios Xardín Galego
22 marzo, 2018Froito do convenio asinado entre Agaexar y acuBam na Mostra de Cultivos, que tivo lugar durante os días 2, 3 e 4 de marzo, este sábado día 17, varias das empresas socias de acuBam abrirán as súas portas a diferentes empresas de xardinería, autónomos e xardineiros.
Este ano, desde Agaexar, realizarase unha nova visitas técnica aos viveiros de produción de Tomiño (Pontevedra), enfocado a que as empresas de xardinería poidan coñecer os viveiros e as principais produccións de planta ornamental do Baixo Miño. A visita terá lugar o sábado 17 de marzo, durante todo o día, onde aqueles interesados en asistir deben confirmar praza contactando con Agaexar, vía telefónica 658 081 269, ou a través de correo electrónico info@agaexar.gal). Máis información pinchando aquí.
A programación planificada da xornada é a seguinte:
8:45 Punto de reunión Parking de Bodegas Terras Gauda e saída cara a primeira visita
09:00/09:45 Visita Viveiro As Sobreiras
10:00/10:45 Visita Viveiro Corema
11:00/11:45 Visita Viveiro Río Tollo
12:00/12:45 Visita Viveiro Da Barxa
13:00/13:45 Visita Viveiros Amado
14:00/ 15:15 Comida
15:30/16:15 Viveiros Nilo
16:30/ 17:30 Cultivos Casaita
Para máis información:
Tlf.: 658 081 269
Correo electrónico info@agaexar.gal