acuBam en Holanda
30 noviembre, 2015Presentación da “Prospección de especies de flora autóctonas con posibilidades de uso como planta ornamental”
9 diciembre, 2015En Asturias celébrase a próxima fin de semana unha interesante xornada sobre o estado e diagnóstico do cultivo de froitos vermellos.
Existen importantes plantacións intensivas de froitos do bosque no norte de Portugal e en Asturias, pero non en Galicia. No Baixo Miño realízase unha produción ornamental destas plantas. Diferentes variedades de grosella, frambuesa e arándanos que se presentan en maceta con titores para a venda en gardens. Galiplant é o máis importante viveiro neste cultivo. “O noso mercado é a xardinería propiamente dita. Á parte da planta pola súa frutificación, buscamos o seu valor ornamental”.
Levades moitos anos con este cultivo? O tempo pasa rápido! Cinco anos xa levamos. Empezamos de menos a máis e actualmente pódese dicir que estamos nun nivel alto de produción.
Os froitos vermellos están de moda? Totalmente. O cultivo deste tipo de planta en Europa leva moitísimo tempo, pero por aquí hai uns anos que se está xeneralizando. A maior presenza nos medios de comunicación da gastronomía foi clave no seu fomento. Hai uns anos a calquera persoa custaríalle distinguir unha grosella dunha frambuesa, hoxe en día estamos máis familiarizados. Tamén o auxe das hortas domésticas, dos froiteiros, leva á xente a buscar plantas ornamentais máis aproveitables no seu xardín.
É importante este cultivo dentro do seu viveiro? Pois desde agora a maio é un grupo de produción moi importante dentro dos nosos cultivos.
Onde realizan a venda? En España en xeral. Temos ben desenvolvida a súa presentación e a verdade é que ten unha boa acollida. A etiqueta incorpora unha foto, coidamos moito a imaxe.