O 1 de xaneiro entrará en vigor a rebaixa do IVE en flores e plantas
21 noviembre, 2014PlanIDga ensaia con Poinsettias
1 diciembre, 2014AcuBam comeza Inno-Tomiño, unha serie de tres encontros sobre Innovación Empresarial.
O proxecto, que será desenvolvido por Roberto Carballo, ten a súa primeira reunión o venres 28 de novembro ás 16.30 h. na Casa da Cultura de Tomiño. É unha actividade libre dirixida a calquera empresa dos sectores da planta, viño e restauración en xeral. As empresas interesadas deben poñerse en contacto coa directiva de acuBam. Traballarase, na primeira reunión, o estado dos negocios, construíndo un diagnóstico de como somos e do que necesitamos. A partir dese punto, analizaranse as posibilidades e as oportunidades, veranse as experiencias noutros países ou zonas e cada empresa ou grupo de empresas deseñará un ou máis proxectos de innovación empresarial, a fin de facer posible unha re-invención da empresa.
Obxectivos
1. Análise da situación actual, desde unha perspectiva global de cada sector e cada empresa: onde estamos? Cales son os puntos fortes e débiles?
2. Construír proxectos innovadores que melloren a calidade da oferta empresarial.
3. Introducir o uso de grupos de traballo nas empresas participantes.
4. Maior orientación estratéxica ao cliente, á calidade, á formación de grupos de traballo e do traballo por proxectos, e en consecuencia, cara unha empresa innovadora.
5. Coñecernos mellor e así, establecer as bases para un maior colaboración en cada empresa e entre empresas.
6. Incorporar aprendizaxe derivadas doutras experiencias innovadoras.
Roberto Carballo é o líder dun proxecto social de rexeneración social e de innovación, Aldebarán Innovación. Dirixe o Máster en Innovación e Desenvolvemento do Coñecemento, e tamén o de Recursos Humanos e Innovación, sendo profesor de Economía Aplicada da Universidade Complutense. Traballou durante moitos anos no sector privado. Actualmente está a desenvolver un ambicioso proxecto de investigación sobre “mellores experiencias innovadoras” en empresas, proxectos, organizacións, institucións públicas, desenvolvemento territorial, local e social.
En palabras de Roberto Carballo “O mundo está en constante cambio, é como un río que nunca para, e se non sabemos dialogar con el, quizais nos perdamos moito do que é a propia vida. Non só hai que saber adaptarse, debemos aprender a anticiparnos ao río, a fin de observalo mellor, prever as súas variacións e, se é posible, establecer plans e proxectos para saber onde estamos indo e como estamos indo. A iso, basicamente, chámaselle innovar”.