Kiwi Atlántico

Kiwi Atlántico

    • Enderezo:
    • Portarís - Lois
    • Ribadumia
    • 36635
    • Pontevedra




 

NOME FISCAL DA EMPRESA

Kiwi Atlántico, S.A.

CIF: A3668047

PERSOA DE CONTACTO

José Carlos Vila Costas, xerente

SERVIZOS E PRODUTOS

Actividade principal

Produtor e vendedor de insumos.

Información general

Kiwi Atlántico constituíuse no ano 1988 como resultado da unión de 30 kiwicultores de Galicia e Asturias coa clara vocación de acadar a maior rendibilidade para os seus socios. Actualmente ten máis de 70 socios e máis de 45 produtores colaboradores e a produción creceu das 132 toneladas ás máis de 4.500 toneladas dos seus socios e 4.000 de produtores asociados.

É unha sociedade formada integramente por produtores de kiwi que uniron os seus esforzos para a comercialización conxunta das súas producións sen ningún tipo de tratamento praguicida, xa que nun principio a produción era para consumo propio.

O feito de que as zonas de produción sexan do norte de España permite unhas características específicas desa froito que debido á acidez do solo e da auga así como a falla de xeadas en outono, da como resultado un froito cun grao de azucre ideal para o seu consumo, un sabor agridoce longo e afroitado característico que non teñen os froitos doutras zonas europeas como Italia ou Grecia.

A comercialización realízase a partir de producións propias, con asesoramento técnico que da uniformidade aos criterios produtivos e que, por tanto, é uniforme ao longo de toda a campaña para garantir que a froita foi cultivada baixo o criterio da sociedade, kiwi sen tratamentos.

 

 



X