Xornada de portas abiertas en planIDga
23 abril, 2014Actividades Mostra Cultivos Baixo Miño 2014
29 abril, 2014As actividades complementarias tamén resultaron moi atractivas para o público
A XI Mostra de Cultivos do Baixo Miño, resultou, unha vez máis, un completo éxito. Así o informou José Cosmed, presidente da Asociación de Cultivos do Baixo Miño, Acubam, organizadora do certame xunto co Concello de Tomiño.
Cerca de 300 profesionais do sector visitaron a mostra e moitos deles fixeron pedidos de planta ornamental e flor cortada (hortensias, rosas, azaleas, etc.). Os profesionais acudiron os dous días, especialmente o sábado, que foi a xornada adicada a eles exclusivamente; procedentes de distintas provincias españolas, tales como Zamora, León, Valencia e de toda Galicia e Asturias.
A xornada do domingo, aberta a público en xeral, logrou tamén o apoio da xente, cunha media de 10.000 visitantes que pasaron polo pavillón polideportivo de Goián.
As actividades complementarias á mostra, coma a demostración en vivo de talla en madeira con motoserra (Talleres El Milagro), ou o espectáculo infantil de Migallas Teatro, lograron tamén o beneplácito do público, o mesmo que a inauguración do busto do viveirista Juan Peixoto, pioneiro da mostra, e as exposicións de artistas tomiñeses e de bonsáis.