Fertilización en primavera
10 abril, 2015Os cultivos do Baixo Miño viaxan polo mundo
17 abril, 2015Na 12ª Mostra de Cultivos do Baixo Miño que tivo lugar o 28 e 29 de marzo puidemos ver expostos os tulipáns cultivados polos nenos dos coles de Tomiño. Non todos estaban na mesma fase de crecemento, pois uns aínda estaban coa flor e a outros xa se lles caíra.
O domingo da Mostra de Cultivos estivo repleto de actividades para os máis pequenos. Xa pola mañá cunha soltada de pombas como celebración polo día da auga.
Por la tarde desfrutamos do contacontos “Pepiña Maruxiña quere voar” a cargo de Barafunda Animación; aos que agradecemos o agasallo que fixeron dun libro para cada cole que participa no proxecto “As nosas amigas as plantas II”.
E tamén houbo un obradoiro de alimentación saudable, que grazas á colaboración de Kiwi Atlántico e Eurobanan desfrutamos de deliciosos kiwis, mazás, plátanos, laranxas e fresas.