Así foi a Mostra Cultivos Baixo Miño 2015
1 abril, 2015Cantas cousas aprendemos!!
10 abril, 2015Na terceira sesión aprendimos cousas sobre o kiwi. Así chegou a caixa, tiñamos que conseguir facer dous quebracabezas que nos deron unha pista do que contiña.
Isto é o que ía dentro:
Puidemos tocar, observar, oler… as ramas do kiwi. Rascaban un pouco, igual que a pel do kiwi verde.
Vimos no mapa onde estaba Nova Zelanda, pois aínda que en Tomiño temos moitos kiwis, é orixinario deste país. E non sabiamos que había kiwis amarelos!!!
Aprendimos que esta planta ten macho e femia, que se recolle o froito en inverno e que hai un paxaro que se chama igual!!!