A Asociación de Cultivos do Baixo Miño, acuBam, é unha entidade sen ánimo de lucro creada no ano 2013 coa intención de representar ao sector da agricultura a nivel comarcal no Baixo Miño.

Na actualidade, acuBam recolle a todas aquelas empresas da comarca que traballan no agro desde diversos puntos, desde as empresas hortícolas, produtoras de flor cortada ou viveiros ata todo o grupo de empresas auxiliares nas que estas se apoian para conseguir maquinaria, rego, fitosanitarias e, como non, transporte.

A filosofía de traballo da asociación enriquécese coa cooperación empresarial, buscando mecanismos que aseguren que este medio de vida arraigado no Baixo Miño se consolide, desenvolvendo as ferramentas necesarias para continuar presentes no mercado empresarial, adaptándose aos continuos cambios e esixencias aos que o sector está sometido. Trátase de cooperar para seguir crecendo.

Neste camiño acuBam traballa tamén pola posta en valor do sector, a revalorización do aproveitamento da terra como medio de vida, o crecemento económico da comarca e pola educación de nenos, nenas, mozos e mozas no respecto pola terra que os rodea.

acuBam é unha asociación sin ánimo de lucro, que nace coa misión de contribuír ao desenvolvemento socioeconómico da comarca do Baixo Miño a través do fortalecemento e mellora da competitividade do sector do agro, ao longo de toda a cadea de valor e da creación dunha marca de calidade, que reúna as fortalezas e oportunidades do sector neste territorio.

Para acadar este fin, acuBam actúa como aglutinador dunha mostra representativa do tecido económico local, así como tamén como promotor de colaboracións con axentes externos sociais, culturais, académicos y da administración, a prol do fortalecemento sectorial.

O noso fin último é a mellora da calidade de vida no rural a través do desenvolvemento e fortalecemento das empresas agrarias.

Sociedade e persoas: o carácter social da asociación desenvolve proxectos de colaboración con diferentes axentes a pror da mellora da calidade de vida das persoas.

Posicionamento: como mecanismo para conseguir a revalorización do sector, a captación de talento e a motivación dos equipos de traballo.

Competitividade: xerando espazos de coñecemento e promovendo a mellora das capacidades tecnolóxicas das empresas.

Respecto medioambiental: traballando en procesos máis limpos e promovendo o uso eficiente dos recursos naturais ligados á explotación agraria.

Uso das fortalezas do sector do Baixo Miño e aproveitamento das oportunidades.

Colaboración entre empresas do sector e entre sectores; a colaboración entre profesionais das nosas organizacións e con outras externas; a colaboración con institucións e administracións de xestión pública; a colaboración con organizacións de formación; a colaboración coa sociedade... axúdanos a ser máis ricos en coñecemento e capacidade. O deseño conxunto deste Plan é a primeira mostra do noso compromiso coa colaboración.

Innovación como base da nosa vantaxe competitiva. Promovemos o desenvolvemento tecnolóxico e a creatividade que redunden en produtos e servizos competitivos e na mellora das condicións de traballo. Consideramos a innovación tecnolóxica, a innovación social, innovación en procesos aplicada á mellora da nosa cadea de valor e da súa relación coa contorna.

Profesionalidade baseada na promoción e mellora das capacidades, competencias e coñecementos dos nosos equipos de traballo, a prol de acadar os maiores índices de calidade nos procesos e produtos.

Compromiso coa nosa contorna, cos nosos traballadores, co medioambiente, cos nosos proveedores e clientes, coa nosa comunidade e sociedade en xeral a través do cumprimento da normativa pública e dos acordos comerciais, a inclusión social, o respecto coa calidade de produto e servizo, a optimización da xestión dos recursos naturais, asegurar emprego profesionalizado e estable. En definitiva, buscamos a xeración de riqueza económica, social e ambiental sostible.

Responsabilidade coa nosa contorna, cos nosos traballadores, co medioambiente, cos nosos proveedores e clientes, coa nosa comunidade e sociedade en xeral a través do cumprimento da normativa pública e dos acordos comerciais, a inclusión social, o respecto coa calidade de produto e servizo, a optimización da xestión dos recursos naturais, asegurar emprego profesionalizado e estable. En definitiva, buscamos a xeración de riqueza económica, social e ambiental sostible.

Misión

Visión

Valores

Así traballamos coa nosa contorna

Desde acuBam estamos convencidos de que o fortalecemento do sector pasa por afianzar as nosas relación coa nosa contorna nun esforzo por unir rendabilidade económica e competitividade con compromiso social e ambiental. Así é que, neste novo rumbo da asociación, achegámonos a entidades de diversas dimensións (académicas, de investigación, administración, sectoriais, sociais, ambientais...) con quen colaboramos e traballamos conxuntamente en prol do desenvolvemento socioeconómico sostible do noso territorio.

Actualmente colaboramos coas seguintes entidades: