Mostra 2020

 

Co obxecto de aumentar a conciencia sobre a importancia de protexer a saúde das plantas, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a resolución pola cal proclama o ano 2020 como o Ano Internacional da Sanidade Vexetal. Esta iniciativa está promovida pola Convención Internacional de Protección Fitosanitaria (IPPC), con sede na FAO, en Roma.

Dende acuBam - Asociación Cultivos Baixo Miño, querémonos sumar a esta acción de apoio ás políticas de sanidade vexetal e contribuír deste xeito ao cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible contidos na Axenda 2030. A prevención da propagación das pragas e enfermidades é en grande medida, un compromiso internacional e que require a colaboración do maior número de axentes posible.

A maiores, un ano máis incidirase na profesionalización do sector e na colaboración con diferentes entidades e institucións con influencia principalmente no ámbito formativo. Na actualidade cóntase cun sector agro modernizado e que aplica as novas tecnoloxías no seu día a día.

Por último, enténdese totalmente necesario o achegamento á veciñanza da comarca, achegando o sector á mesma e viceversa.

 
 
 
X