Presentación da Bolsa de Emprego Transfronteiriza
16 marzo, 2019Varios socios de acuBam, presentes na IPM Essen 2019
26 marzo, 2019Tralas reunións mantidas entre acuBam e os responsables do proxecto Transfronteirizo “Agenda de Cooperação Transfronteiriça – Amizade Cerveira Tomiño” do Concello de Tomiño e do Município de Vila Nova de Cerveira, conséguese financiamento a través deste proxecto para realizar unha misión comercial inversa que achegue a grandes profesionais do sector verde de diferentes puntos do planeta e do territorio nacional.
Neste sentido, preséntase esta acción na Mostra de Cultivos do Baixo Miño 2019, onde se identifica como posible data de celebración, o vindeiro mes de setembro.
Nesta acción, aproveitarase para ensinar ademais dos produtos da zona do Baixo Miño e Norte de Portugal, as características do territorio que lle aporta unha cualidade e calidade aos produtos que se cultivan no Baixo Miño.