Na 16ª edición da Mostra de Cultivos do Baixo Miño terá lugar a cuarta edición de acuBam innovación
15 marzo, 2019Presentación Misión Comercial Inversa
16 marzo, 2019No workshop celebrado no marco da Mostra de Cultivos 2019, na xornada do venres 15 de marzo, tivo lugar a presentación da bolsa de emprego transfronteiriza froito da colaboración entre acuBam (https://acubam.org/deixanos-o-cv/?lang=gz) e a Escola Superior Agraria de Ponte de Lima (http://portal.ipvc.pt/portal/page/portal/esa), na que se cruzará información e divulgación entre ambas entidades, para reforzar tanto a propia bolsa de emprego, como a divulgación e perfís profesionais demandados polo sector.
Trátase dunha das necesidades e demandas máis inmediatas do sector, xa que o propio crecemento do mesmo está a esixir e solicitar maior número de perfís e mais cualificados.
Dende ambas organizacións permanecerase en contacto para avanzar e traballar ao respecto e poder contar cunha bolsa profesional á que poidan acceder as empresas agrarias do territorio transfronteirizo e viceversa.