Felices festas!
23 diciembre, 2021acuBam y Universidade de Vigo cooperan para mejorar el sector
1 abril, 2022A Asociación de Cultivos do Baixo Miño (acuBam) impulsa un concurso en redes sociais que ten como finalidade dar visibilidade ao sector agro do Baixo Miño mediante diferentes expresións artísticas e audiovisuais entre a poboación mais nova da comarca.
1. Obxecto:
Potenciar e dar visibilidade ao sector agro do Baixo Miño, poñendo en valor ás empresas e o entorno do sector agro do Baixo Miño, resaltando as súas bondades e calidade así como o potencial de crecemento e posta en valor do valor e calidade medioambiental derivada da actividade.
2. A quen vai dirixido:
A todo o alumnado matriculado en estudos nos centros de formación profesional do Baixo Miño no curso 2021/2022.
3. Como participar:
Publicar en algunha rede social (como Facebook, Instagram, TikTok ou Twitter): unha foto, vídeo, texto (en forma de conto, relato curto, poema, etc.) ou calquera outra expresión artística que teña relación co sector agro do Baixo Miño e engadir o hashtag #innoBamConcurso.
A publicación debe ser de carácter público e, para que poida ser valorada, deberase enviar ao correo electrónico acubam00@gmail.com:
• Un enlace á publicación que poida ser consultada directamente polo xurado
• Ou unha captura de pantalla ou vídeo onde se poida ver a publicación
Os participantes recibirán un correo de recibido para confirmar a recepción da participación. Só se poderá presentar unha participación por persoa. No caso de presentarse máis de unha, só se terá en conta a primeira en ser recibida e descartaranse as demais.
4. Prazos:
O prazo de presentación de candidaturas ao concurso comezará o día 17 de decembro e rematará o día 28 de febreiro de 2022.
5. Criterios de Valoración:
– Orixinalidade da publicación
– Enfoque dirixido a potenciar o valor social, económico ou medioambiental do sector agro no Baixo Miño
– Calidade técnica do material presentado
– Interese divulgativo do material
6. Xurado e selección
O equipo organizador do concurso (acuBam) fará unha primeira selección do material presentado e elixirá unha selección de 10 candidaturas de entre todas as presentadas acorde aos criterios citados no punto anterior.
Estas 10 publicacións ou candidatos serán avaliados por un xurado conformado por 3 persoas: unha en representación de acuBam, unha en representación do Concello de Tomiño e outra en representación do IES Antón Alonso Ríos que tamén seguirán os criterios de valoración mencionados no punto 5 de estas bases.
Das 10 publicacións finalistas, o xurado seleccionará as 3 candidaturas gañadoras.
As candidaturas gañadoras faranse públicas o día 28 de febreiro de 2022. Os gañadores do concurso recibirán os premios no salón de Plenos do Concello de Tomiño na data por confirmar unha vez resolta a fase de concurso.
7. Premios e gañadores:
Os tres gañadores serán contactados pola organización para que envíen o seu contacto (fotocopia do DNI, correo electrónico, número de teléfono e un formulario acorde á lei de protección datos persoais) para poder recibir o premio.
Os premios serán bonos valorados en 150€, 100€ e 50€ en forma de tarxeta regalo e se repartiran da seguinte forma:
– 1º clasificado: Bono 150€
– 2º clasificado: Bono 100€
– 3er clasificado: Bono 50€
8. Dereitos:
A organización resérvase a posibilidade de publicar na súa páxina web e RRSS o material presentado polos participantes. As persoas que teñan a autoría cederán a acuBam os dereitos de explotación das obras, consistentes na reprodución, distribución e comunicación pública, que se fará sempre co recoñecemento da súa condición de autor, salvo manifestación en contrario. As persoas que teñan a autoría serán as únicas responsables da ausencia de dereitos a terceiros nas obras presentadas, nin de ningunha reclamación por dereitos de imaxe, eximindo á organización de calquera tipo de responsabilidade.
9. Datos de carácter persoal:
acuBam, na súa calidade de responsable do tratamento, informa que os datos recollidos para a inscrición dos participantes serán tratados de acordo coa lexislación en materia de protección de datos, e en particular de acordo co establecido no Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo. e do Consello, do 27 de abril. A finalidade do tratamento é identificar ao/s usuario/s da Plataforma Web, así como informar (por teléfono, correo electrónico e/ou calquera medio telemático) das actuacións que se realicen durante o desenvolvemento do concurso. Como usuario, os participantes poderán exercer en calquera momento os seus dereitos de acceso aos datos, rectificación ou supresión, limitación do seu tratamento, oposición aos mesmos; así como a portabilidade dos seus datos, dirixíndose á dirección de correo electrónico acubam00@gmail.com, especificando “Protección de Datos” e aportando os seus datos de inscrición no concurso.
10. Aceptación Bases:
A participación neste concurso implica o pleno coñecemento e aceptación destas bases e o cumprimento da decisión do Xurado. A organización resérvase o dereito de modificalos, regular calquera aspecto non contemplado neles, así como interpretalos. Calquera imprevisto que se produza en relación co desenvolvemento do concurso, non contemplado expresamente nestas bases, será resolto pola organización con base aos criterios de racionalidade, igualdade e equidade.
11. Outras Disposicións:
O material que resultase premiado, nos termos previstos no texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1996, do 12 de abril, pasará a ser titularidade conxunta da Asociación de Cultivos do Baixo Miño (acuBam) e poderá ser obxecto de publicidade e difusión a través das canles de difusión da asociación. No que respecta ao resto do material presentado que non resulte premiado, a participación neste concurso implicará autorización á organización para que, se así o considera oportuno, poida difundir e expoñer, total ou parcialmente, o devandito material, e telo dispoñible no seu calendario de actividades, todo iso conforme ao disposto no citado texto refundido da Lei de propiedade intelectual. A responsabilidade derivada do plaxio ou de calquera transgresión da lexislación vixente en que, en materia de propiedade intelectual, poidan incorrer os participantes, será exclusivamente propia. acuBam non se fai responsable do contido dos traballos presentados.