Catorce formas de sumergirse en la naturaleza con los talleres de la Feria de Cultivos del Baixo Miño

A Feira de Cultivos do Baixo Miño sementa coñecemento cun curso básico de aplicación de fitosanitarios

Concello e acuBam impulsan esta formación para reforzar a capacitación e a seguridade de persoas traballadoras e veciñanza

Impartirase entre maio e xuño con exame final en Pontevedra e certificación oficial. Inscrición aberta ata o 5 de maio, con prazas limitadas

Tomiño, 27 de abril de 2026.- O futuro do campo tamén se cultiva nas aulas. A Feira de Cultivos do Baixo Miño dá un paso máis alá da exposición e a dinamización do sector para apostar pola formación especializada cun curso de aplicación de produtos fitosanitarios nivel básico dirixido a profesionais e persoas interesadas en adquirir ou mellorar as súas competencias neste ámbito e obter a certificación oficial, obrigatoria para poder mercar e aplicar praguicidas.
A formación, organizada polo Concello de Tomiño en colaboración coa Asociación de Cultivos do Baixo Miño (acuBam), desenvolverase previsiblemente entre a segunda quincena de maio e a primeira de xuño, cun total de 25 horas repartidas en cinco sesións de cinco horas, que terán lugar os venres en horario de tarde (16.00 a 21.00 h) e os sábados pola mañá (09.00 a 14.00 h). As datas orientativas son os días 22, 23, 29 e 30 de maio, e o 5 de xuño.
O curso, subvencionado de forma parcial polo Concello, impartirase no Centro de Formación Ocupacional “O Regatiño”, en Goián, e terá un custo de 100 euros por persoa, incluíndo clases, póliza de seguro de accidentes e taxas de exame, cunha segunda oportunidade no caso de non superar a primeira proba. 
As probas de avaliación celebraranse en Pontevedra, en horario de mañá, os venres 12 ou 26 de xuño. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o martes 5 de maio e as prazas serán limitadas e poderá formalizarse a través da web da Feira de Cultivos do Baixo Miño.
A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, destacou a importancia de incorporar a formación como eixo estratéxico dentro da feira. “Queremos que esta cita sexa tamén unha oportunidade para medrar como sector, para gañar en profesionalización e para afrontar con garantías os retos que ten por diante o noso agro. Apostar pola formación é apostar por un rural máis preparado e con máis futuro”, resaltou.
Pola súa banda, a presidenta de acuBam, Nuria Castro, puxo en valor a utilidade práctica desta iniciativa, xa que “este tipo de cursos son fundamentais para o día a día das explotacións. Non só permiten cumprir coa normativa, senón tamén traballar con máis seguridade, máis coñecemento e maior respecto pola contorna”.
Con esta proposta, a Feira de Cultivos do Baixo Miño consolida o seu papel como espazo de referencia non só para a exhibición e a comercialización, senón tamén para a aprendizaxe e a innovación nun sector clave para a economía e a identidade da comarca.
La Feira de Cultivos do Baixo Miño planta conocimiento con un curso básico de aplicación de fitosanitarios
27 abril, 2026
A XXI Feira de Cultivos dálle voz ao talento local cunha nova sesión de micros abertos
La XXI Feira de Cultivos da voz al talento local con una nueva sesión de micros abiertos
30 abril, 2026
X