Reportaxe da TVG sobre a Mostra de Cultivos
31 marzo, 2019acuBam colabora co Festival Internacional Play-Doc, celebrado en Tui celebrado entre o 3 e o 7 de abril
3 abril, 2019Dende acuBam reunímonos cos responsables de formación agraria do IES Antón Alonso Ríos, do Concello de Tomiño, para afianzar a colaboración entre ambas entidades e traballar en novos e ilusionantes á vez que necesarios proxectos conxuntos.
De maneira xeral, a reunión centrouse en avanzar en deseñar accións conxuntas varias entre o centro de formación e o sector agrario da comarca do Baixo Miño, representado pola Asociación Cultivos Baixo Miño – acuBam.
Entre varias accións conxuntas atópase a posibilidade de incorporar ás empresas en etapas formativas dos rapaces que están a cursar formación en agro, así como poder achegar as empresas ás aulas e que os mesmos poidan evidenciar a necesidade e saída profesional do que están a estudar.
Ademais, a intención é poder establecer un diálogo cuasi-continuado entre a institución e acuBam, de tal maneira que se adapten os contidos formativos, na medida do posible, ás necesidades e demandas das empresas.
Agárdase que esta colaboración sexa continuada e que entre todos consigamos un sector cunha formación regrada de calidade e referente para outros territorios, a través do diálogo e colaboración entre as empresas socias de acuBam e o instituto.