Varios socios de acuBam, presentes na IPM Essen 2019
26 marzo, 2019acuBam reúnese co IES Antón Alonso Ríos, para estreitar colaboracións e traballar pola formación e desenvolvemento profesional dentro do agro do Baixo Miño
2 abril, 2019Dende a TVG recollen unha reportaxe sobre a Mostra de Cultivos do Baixo Miño 2019, na que se representan fundamentalmente as principais cifras xeradas polo sector, así como as peculiaridades do territorio do Baixo Miño.
A presidenta de acuBam, Patricia Rodríguez, expón a importancia que o sector ten para a comarca do Baixo Miño non só para as empresas, senón para a sociedade do territorio, como fonde de desenvolvemento rural e de emprego profesional e digno, sendo o sector máis forte e con maior impacto do territorio.
Ademais, fálase da temática principal que tivo esta Mostra de Cultivos: a internacionalización do sector. As empresas socias de acuBam, xa son quen de colocar os seus produtos en máis de 20 países dos 5 continentes, debido ás altas calidades dos produtos do territorio e estando sempre ao carón das tendencias do mercado.
Por último, reflíctese o espazo acuBam Innovación, a través do cal se expoñen as novidades do sector, que nesta 16ª Edición caracterizouse polo alto nivel dos produtos alí expostos.
Podedes ver a reportaxe nesta ligazón.