NOME FISCAL DA EMPRESA
Galiplant Ornamental, S.L.
CIF: B91100013
PERSOA DE CONTACTO
Jorge Santoro, xerente
SERVIZOS E PRODUTOS
Actividade principal
Produción e venta de planta ornamental (acidófilas, coníferas, aromática, tapizantes, rubideiras, fentos, froitos do bosque...).
Información xeral
A empresa comezou o seu labor no ano 1990 traballando o cultivo de Hydrangea (hortensia) e buscando entre outros o aproveitamento ornamental de plantas autóctonas asociadas ao clima costeiro ou marítimo de Galicia. Hoxe en día os seus cultivos, que abarcan diferentes facetas, están presentes en moitas zonas de España e do estranxeiro, formando parte en axardinamentos tanto de ámbito público como privado.
Dende o principio a presencia de Galiplant en feiras e congresos foi unha constante, sempre buscando o achegamento das producións aos seus clientes e intentando dar a coñecer moitas delas que en aquel momento eran descoñecidas.
No ano 2004 en compañía de catro empresas da zona (Cultivos Casaita, Plantas Ozores, Viveiros Río Tollo e Vidaplan) forman a comercial Coplant Galicia (Comercializadora de plantas de Galicia S.L), que actualmente leva as relacións coa clientela e a súa representación en feiras e eventos internacionais.