Póster conmemorativo do talado en madeira do logotipo de acuBam
26 agosto, 2013Presenza de acuBam e o Baixo Miño en Iberflora 2013
30 agosto, 2013Ante o grandes incendios forestais que dende o luns afectan os termos municipais de Oia, O Rosal e Tomiño na comarca do Baixo Miño, dende a Asociación de Cultivos do Baixo Miño, acuBam, queremos expresar a nosa a dor ante estes lumes que arrasan o noso monte. Este incendio está a botar por terra o traballo realizado no monte ao longo dos últimos anos. Serán precisos moitos anos para que todo volva estar do mesmo xeito que antes deste tráxico incendio forestal que leva queimadas centos de hectáreas.
Dende acuBam queremos amosar a nosa repulsa ante actos incendiarios coma os que estes días estamos a sufrir no Baixo Miño e en Galicia, que rematan cos nosos espazos naturais.
Tamén deseamos amosar a nosa solidariedade cos veciños, as comunidades de montes, e os concellos afectados por esta lacra dos incendios forestais. Dende aquí o noso apoio. Moito ánimo a todos!!!