
A Feira de Cultivos regresa con forzas renovadas e ao aire libre
2 abril, 2023
Budiño estrea álbum e xira na Feira de Cultivos do Baixo Miño
25 abril, 2023As axudas poden solicitarse desde o 14 ao 28 de abril de 2023
No marco do Plan de Misións Comerciais das Pemes, a Cámara de Comercio de Tui, en colaboración co IGAPE vén de publicar unha convocatoria de axudas para a participación na Feira Plantarium de Holanda 2023. O obxectivo da mesma é promover a internacionalización das pemes do sector e mellorar a súa competitividade.
Esta convocatoria está dirixida a empresas do sector da planta ornamental que teñan o seu domicilio fiscal ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
O prazo para a presentación de solicitudes é do 14 ao 28 de abril. A contía destas axudas ás empresas participantes será do 90% sobre o importe dos gastos subvencionables e a selección das pemes efectuarase respectando a rigorosa orde da data da solicitude ata o esgotamento das prazas dispoñibles.
Estas subvencións están cofinanciadas polo IGAPE, a Xunta de Galicia e Fondos FEDER.
Máis información na seguinte ligazón.