Falamos con Viveiros Pousa
1 julio, 2015Acubam estará presente en Iberflora 2015
21 julio, 2015Transportes Morgado y Silva é unha empresa familiar fundada no ano 1982
Cun cadro de persoal de 19 persoas actualmente, está especializada no transporte de cultivos e ADR (mercancías perigosas), sobre todo agroquímicos.
Os cultivos precisan de condicións especiais de transporte? Si, transporte refrixerado e mecanismos e equipamentos nos vehículos, como portas elevadoras.
Os vosos clientes son do Baixo Miño? Si, traballamos principalmente para Coplant.
Ata onde levades os cultivos? Por España adiante e Francia sobre todo. Tamén chegamos, en menor medida, a Bélxica, Alemaña e Holanda.
Como ves ti a situación do transporte por estrada? Buf… canto tempo temos de entrevista? (risas). Nós estamos como todos os sectores. Dependemos integramente do sector comercio, se o comercio se move nós traballamos. Non xeramos nada por nós mesmos, non producimos. Estamos totalmente expostos ao vaivén do mercado.
Ti cres que vamos a mellor ou a peor? Eu penso que algo a mellor imos. O que sucede é que temos aceleróns de cabalo e frenazos de burro. Non hai unha estabilidade, unha harmonía, o mercado está tolo.
E o sector dos cultivos no Baixo Miño? Crecendo claramente. Están facendo as cousas lentas, pero con moita base. O que eu vexo cos meus clientes.
Viaxando por toda Europa detectas diferenzas na maneira de traballar? Se nos comparamos con Pistoia (Italia), por exemplo, quédanos un longo camiño por andar. Con Holanda, xa non che digo nada! Pero non se chega a Roma nun día, hai que poñer ben as cimentacións e ir levantando as paredes.
Como foi a experiencia na Mostra Cultivos Baixo Miño 2015? O deseño estaba moi bonito pero o tema comercial máis ou menos como todos os anos. Pero sempre é un foco de negocio, coñeces novos posibles clientes, ademais de ser un punto de encontro para o sector na nosa zona.
Acodes a outras feiras? A Iberflora vou como visitante. Por saber como se move o mundo, visito a algún cliente, tomamos un café,…
Cara onde cres que debe camiñar a Mostra Cultivos? Eu creo que o futuro das feiras pasa por coller a uns cantos bos clientes, pagarlle viaxe e aloxamento e convidalos ás túas instalacións. Algo máis personalizado.
Tes unha planta favorita? Hai moitas que me gustan. A hortensia, por exemplo, que é moi común pero gústame moito.
Algún xardín que lembres especialmente? Eu son de asfalto! (risas). Os da Alhambra de Granada, as rotondas de Holanda con tulipáns,… Francia en xeral atópoa moi coidada, mesmo se vas pola autoestrada as casetas de pago son de madeira para non desentoar no entorno. Vexo que coidan moito máis os bosques, non meten formigón por todas partes.