acuBam visita Holanda
25 octubre, 2017Holanda marca tendencia
27 noviembre, 201725 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres
acuBam, como axente económico do Concello de Tomiño, vén de adherirse a campaña “En negro contra as violencias”.
A colaboración de axentes económicos e sociais na loita contra a violencia de xénero, a través da visibilización e sensibilización, é a base da súa erradicación.
A muller é a protagonista do noso sector, por iso é tan importante dende acuBam visibilizar e denunciar o máximo expoñente da desigualdade que sofren as mulleres: a violencia de xénero.
Entre o 23 e o 26 de novembro, Tomiño, xunto a outros máis de 70 concellos e 3 deputacións de toda Galicia, levará o negro aos escaparates, ás redes sociais ou mesmo á roupa de traballo dos e das comerciantes en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia machista e como resposta á máis dura das súas consecuencias, a morte. No que vai de ano as violencias machistas custáronlle a vida a 44 mulleres e 8 menores.
A campaña ‘En negro contra as violencias’, que foi presentada o pasado día 7 no Parlamento Europeo, naceu no ano 2015 co obxectivo de sensibilizar contra esa lacra e de implicar ao tecido económico, asociativo, educativo, deportivo, social e cultural, así como a toda a cidadanía, nunha resposta colectiva contra a violencia de xénero. A iniciativa, que tinguirá de loito o mapa galego, contempla ademais difundir materiais específicos a través dos distintos establecementos e axentes sociais para incidir nos comportamentos e expresións verbais que están detrás da violencia de xénero.
Máis información en ennegrocontraasviolencias.gal