acuBam reúnese co departamento de internacionalización do Igape para definir necesidades e servizos de internacionalización
5 noviembre, 2018Novo socio-colaborador de acuBam: Neverafter
15 febrero, 2019Diferentes socios de acuBam asistirán á maior feira do sector verde en Europa, onde mais de 50.000 persoas visitarán o recinto feiral Messe Essen durante os vindeiros días 22, 23, 24 e 25 de xaneiro.
O ano da comezo cunha das feiras mais relevantes e de interese para o sector das plantas, horticultura e xardinaría. Esta feira convértese dende fai varias edicións nun referente para o sector, e nun escaparate inigualable para os diferentes produtos das empresas que compoñen acuBam.
No sector das plantas, a xardinaría e a horticultura trátase dun evento de referencia no ámbito internacional, no que as empresas dos distintos elos e subsectores do agro, amosan os produtos e deseños máis vangardistas e novidosos.
Ademais, no stand do noso socio Coplant Galicia (pavillón 6, nº stand: A12) poderase atopar información sobre a vindeira Mostra de Cultivos que terá lugar no pavillón polideportivo de Goian (Tomiño) os vindeiros días 15, 16 e 17 de marzo, así como da propia asociación.
Agardámosvos en Essen!!