Demostración de modelado de madeira con motoserra
8 abril, 2013O contacontos Anxo Moure estará na Mostra de Cultivos do Baixo Miño
17 abril, 2013As institucións participantes no Silvaplus, Asociación Forestal de Galicia, Concello de Ponteareas e Concello de Tomiño, organizan un curso de formación sobre posibilidades enerxéticas da biomasa forestal dirixido a concelleiros, técnicos e empregados de concellos, que terá lugar en
Ribadetea (Ponteareas): 3 de abril de 2013 de 9.30 a 13.30 h. Centro de Desenvolvemento Local do Concello de Ponteareas, Lomba do Cruceiro, nº 5, Ribadetea.
Este curso ten por obxecto informar aos técnicos e responsables políticos da administración municipal as posibilidades enerxéticas da biomasa forestal en vivendas, e edificios e instalacións públicas e os beneficios que o emprego deste tipo de enerxía ten desde o punto de vista medio ambiental, económico e de fomento dos recursos endóxenos dos montes dos concellos galegos.
Os temas a abordar dentro deste curso son:
- Os tipos de biomasa forestal e o seu aproveitamento.
- As características dos biocombustibles forestais
- As características das instalacións enerxéticas alimentadas con biomasa
- A loxística e mantemento en instalacións de biomasa
- A arquitectura bioclimática e a eficiencia enerxética
- As liñas públicas de axudas e fomento do aproveitamento da biomasa
Os diferentes temas serán impartidos por profesionais enxeñeiros de Montes, enxeñeiros Industriais, arquitectos e técnicos especialistas na materia. Na elaboración dos cursos participan como entidades colaboradoras: a Asociación Autónoma Provincial de Instaladores de fontanería, calefacción, gas, climatización, mantenimientos, electricidad y afines de Pontevedra (FONCALOR), a Asociación Forestal de Galicia (AFG), o Concello de Ponteareas, o Concello de Tomiño o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) e a Universidade de Vigo.
Dentro do programa formativo Silvaplus tamén se celebrarán outros cursos dirixidos a
Propietarios forestais e representantes de comunidades de montes veciñais que terán lugar en:
- Ribadetea (Ponteareas): 5 de abril de 2013 de 19.30 a 22.30 h. Centro de Desenvolvemento Local do Concello de Ponteareas, Lomba do Cruceiro, nº 5, Ribadetea.
- Goián (Tomiño): 12 de abril de 2013 de 19.30 a 22.30 h. Escola Obradoiro de Goián, subida ao Regatiño, s/n, Goián.
A asistencia aos cursos é gratuíta previa inscrición nos teléfonos 981 569 140, 981 564 011, 986 660 864, 618 752 220 e 618 752 214; nestes mesmos teléfonos poderá obter información detallada sobre cada curso.