Axudas da Xunta de Galicia
2 septiembre, 2013Produtos de Viveiros a Barxa
24 septiembre, 2013O próximo día 11 de outubro terá lugar unha charla sobre aspectos normativos do uso sostible dos produtos fitosanitarios.
Trátase unha charla informativa realizada por Clara Pousa, técnica da Oficina agraria comarcal do Roseira, onde se informará sobre os cambios que se deron na nova lexislación en materia de fitosanitarios, tanto dende o punto de vista dos distribuidores, coma de aplicadores.
Fecha:11 Outubro – 19.00h
Lugar: Sociedade de agricultores de Goian
Temario:
- Xestión integrada de pragas
- Asesoramento en xestión integrada de pragas.
- Formación de usuarios profesionais e vendedores.
- Rexistros de transacción con produtos fitosanitarios.
- Medidas relacionadas co medio ambiente
- Transporte e almacenamento de produtos fitosanitarios.
- Residuos e envases de produtos fitosanitarios.
- Ámbitos distintos da produción primaria agraria profesional.
- Usuarios non profesionais
- Entrada en vigor das novas obrigas.
- Guias de cultivo
- Rexistro de produtos na explotación
- Inspección da maquinaria