Óscar Álvarez cuenta con la única plantación de cítricos en Galicia
31 octubre, 2018Diferentes socios de acuBam asistirán a la mayor feria del sector verde
17 enero, 2019Dende o Igape, póñense en contacto con acuBam trala resolución mediante a cal adxudicábanse as bolsas de internacionalización para 2018-2020.
Nesta resolución establecíanse dous grupos de bolseiros. O primeiro deles incorporábase xa de inmediato a finais de 2018 e terá como destino diversas oficinas ICEX no estranxeiro.
O segundo grupo, comeza en xaneiro de 2019 e estará o primeiro ano en Galicia.
Dende o Igape ofrecen a posibilidade de achegar información e necesidades de información ao organismo para, a través destes bolseiros comezar unha colaboración e poder recadar información de interese para as empresas socias de acuBam, sobre mercados de diferentes índole.
Nesta reunión púidose coñecer ao primeiro grupo de bolseiros e facer unha completa presentación de acuBam e do sector en xeral do agro na comarca do Baixo Miño para que, cando se solicite información, teñan xa un perfil sectorial máis definido e con necesidades concretas de información.
Dende esta institución non é a primeira vez que se colabora dende o sector, xa que ano tras ano resolven axudas para organismos intermedios que axudas ás asociacións a levar a cabo acción de internacionalización e promoción exterior moi importante para o sector agrario do Baixo Miño.