Feliz Día da Agricultura
9 septiembre, 2019A Mostra de Cultivos reinvéntase e chega á súa 17ª edición cargada de novidades
5 marzo, 2020O vicepresidente de acuBam e director xerente de Coplant Galicia, Emilio Estévez, foi un dos protagonistas este xoves no I Congreso da Flor e Planta de Viveiro, organizado pola Asociación Andaluza de Viveiristas e Floricultores, Asociaflor-Andalucía e FEPEX e que se está celebrando estes días en Alahurín de la Torre, en Málaga. Estévez participou nunha das mesas redondas deste congreso, centrada na situación e perspectivas do sector verde en España.
Durante a súa intervención o vicepresidente non só falou dos temas estruturais e coxunturais que afectan ao sector neste momento, senón que explicou a necesidade de establecer relacións de sinerxía entre diferentes empresas e presentou á Asociación de Cultivos do Baixo Miño, acuBam, como bo exemplo de cooperación empresarial. Estévez tamén fixo fincapé na necesidade de profesionalizar as empresas do sector sempre coa vista posta en xestionar con éxito a confianza que depositan os clientes en cada unha delas.
Estévez compartiu mesa redonda con empresas produtoras e comercializadoras das principais comunidades autónomas e con responsables de distribución de produto, centrais de compras e cadeas de centros de xardinería.